Os bibliotecarios galegos lamentan a situación destes centros

Hai 80 concellos sen bibliotecas, e só o 31% da poboación usa estes servizos

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A poboación galega visita as bibliotecas menos que a media estatal, e realiza tamén menos préstamos nestes centros. En total, un 31% da poboación figura como usuaria destes servizos, cinco puntos menos que a media. Existen 250 bibliotecas públicas que prestan os seus servizos en 347 puntos de atención bibliotecaria e hai 80 concellos que non dispoñen de ningún servizo deste tipo. A Asociación de Profesionais dos Arquivos, Bibliotecas, Museos e Centros de Documentación de Galicia (BAMAD-Galicia) publicaba hoxe un comunicado no que valoraba os datos que fixo públicos recentemente o Ministerio de Cultura. Segundo denuncia esta entidade, o noso país sitúase por baixo da media estatal na maior parte de indicadores, con excepcións como é o número de documentos dipoñibles por habitante. A entidade destaca os indicadores da Provincia da Coruña, que se sitúa por riba da media en moitos índices.

Que che parece esta nova?
86 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Bibliotecas, Museos, BAMAD, Ministerio de Cultura...