A Asociación de Profesionais dos Arquivos, Bibliotecas, Museos e Centros de Documentación de Galicia (BAMAD) ven de facer públicas as súas valoracións sobre as últimas estatÃsticas de bibliotecas, correspondentes ao ano 2019, publicadas polo Ministerio de Cultura. Segundo estes datos en Galicia contamos con 242 bibliotecas públicas (4 máis que en 2018) que prestan os seus servizos en 330 puntos de atención bibliotecaria (4 máis que en 2019). Mentres que 71 concellos en Galicia non dispoñen de ningún servizo bibliotecario, No relativo a número de documentos por habitante contamos con 2,17 doc/hab., sendo no estado a media de 1,91. Son algúns dos datos dos que BAMAD extrae conclusións positivas e negativas e que contrasta coas medias estatais.
Con respecto ás situacións bibliotecarias por provincia, segundo BAMAD só a da Coruña presta un bo servizo á súa poboación. A provincia de Pontevedra cae moitos puntos "debido principalmente á precaria situación bibliotecaria do concello de Vigo, onde a cidade máis poboada do paÃs é a que goza dunha peor situación bibliotecaria", asegura no seu comunicado a asociación. Da mesma maneira as provincias máis despoboadas e avellentadas, Lugo e Ourense, "están entre as últimas en servizos bibliotecarios por non poder os seus concellos, por si propios e sen axuda das deputacións, contar con servizos bibliotecarios", opinan desde BAMAD.
Como aspectos positivos, BAMAD sinala o número de documentos por habitante, por riba da media estatal, malia que entende que non ten porque ser un dato necesariamente bo ao ser necesario realizar unha avaliación da colección nas bibliotecas. Na asociación confirman a relevancia dada ás axudas á adquisición de fondos bibliográficos da administración autonómica nos orzamentos dedicados ás bibliotecas públicas. Sinalan neste sentido a subvención para a mellora das coleccións, a subvención para adquisición de novidades en lingua galega e o incremento de fondos en formato dixital. A comunidade arquiveira valora especialmente a potenciación dos formatos dixitais accesibles a través do portal GaliciaLe "que durante os anos 2020 e 2021 redobrou esforzos para facer fronte á gran demanda de préstamo de obras en formato dixital debido aos perÃodos de confinamento e de peche de servizos públicos". Porén, desde BAMAD sinalan a falta de "máis compromiso nas partidas dedicadas a bibliotecas nos concellos e nas Deputacións". Outro aspecto positivo é a incorporación de bibliotecas ao Catálogo Colectivo da Rede de Bibliotecas Públicas que acada practicamente a totalidade das Bibliotecas Públicas, "este dato ten especial relevancia no que se refire ao conxunto da poboación inscrita nas bibliotecas", aseguran, "xa que no proceso de incorporación á rede corrÃxense erros e depúranse duplicados polo que a poboación inscrita descende desde hai anos situándose ao redor do 30% da poboación".
Aspectos negativos
BAMAD pon o acento da mellora máis necesaria no aumento das partidas orzamentarias e no control das polÃticas e accións levadas a cabo polos concellos, aos que sinala especialmente no relativo á falta de profesionalización do servizo polas súas "casuÃsticas habituais de contratación de persoal non especializado, compartindo prazas con outros servizos municipais, recorrendo a persoal doutros servizos para cubrir os postos, persoal sen os coñecementos necesarios para levar a cabo unha boa xestión da información e documentación", din desde a asociación. "Non é suficiente con investir en boas coleccións, boas infraestruturas, boas ferramentas de traballo, se non contamos con persoal debidamente cualificado que lles dea sentido", insisten os arquiveiros aio tempo que sinalan a "perda continua de persoal bibliotecario que desde o ano 2015" contabilizando un descenso nese sentido de 74 persoas. En persoal equivalente a tempo completo (ETC), segundo os datos estatÃsticos, tivemos en Galicia 558 traballadores en 2018 e 546 en 2019. "12 persoas menos que inciden nun incremento da poboación atendida", sinala a asociación.
Implicación de todas as administracións
A valoración de BAMAD inclúe unha chamada a todas as administracións a mellorar o seu gra de implicación no servizo bibliotecario por todo o territorio. Entende que na potenciación das bibliotecas públicas deben implicarse todas as administracións, non só a Xunta de Galicia e os concellos, senón tamén as deputacións provinciais que poden axudar aos concellos máis pequenos e con menos recursos a contar con servizos bibliotecarios adecuados e suficientes.
A asociación considera importante que se desenvolvan e apliquen as ferramentas de planificación que indiquen que servizos e de que caracterÃsticas se deben ofrecer, en que aspectos é necesario investir e cara a onde deben encamiñarse os esforzos en cada punto de servizo bibliotecario. A asociación indica a responsabilidade da administración autonómica en velar polo correcto desenvolvemento e xestión dos servizos bibliotecarios municipais, "respectando a potestade organizativa dos concellos", pero primando sempre a prestación de servizos de calidade e animan a establecer un sistema polo que a Xunta premie "aqueles concellos que cumpran coa súa obriga de ofrecer servizos de calidade". BAMAD sinala tamén ao executivo galego por non ter desenvolvido aÃnda a lexislación bibliotecaria aprobada hai 9 anos, a Lei 5/2012 de bibliotecas de Galicia, "especialmente os aspectos organizativos, de cooperación e colaboración no funcionamento da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia".