Os bibliotecarios denuncian discriminación nas axudas a bibliotecas

Só os centros de vilas de menos 30.000 habitantes recibirán cartos para adquirir fondos

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A recente convocatoria de axudas para a mellora de coleccións bibliográficas que publicaba o DOG o pasado 7 de xullo acaba de ser contestada pola asociación BAMAD Galicia, que agrupa profesionais de bibliotecas, arquivos, museos e documentación. O colectivo denuncia que as condicións desta liña de axudas, que está dirixida especificamente a centros situados en poboacións de menos de 30.000 habitantes, vulnera o establecido na Lei de Bibliotecas. Este texto sinala que as convocatorias da Xunta irán dirixidas ao conxunto da Rede de Bibliotecas de Galicia "e non só a unha parte da mesma", segundo explica o colectivo.

Malia a que a Xunta sinala na convocatoria de axudas que a discriminación busca potenciar os centros de lectura que contan con menos recursos, o colectivo de bibliotecarios sinala que a previsión de axudas, que acadan un máximo de 2.500 euros nos concellos de maior poboación "en nada van axudar a mellorar as coleccións xa que se trata de partidas ridículas para os municipios máis pequenos". En total, a liña de axudas prevé dedicar un total de 160.000 euros distribuídos en dúas anualidades.

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Bibliotecas, Museos, BAMAD

Claves

Entidades
Conceptos