A Xunta continúa sen designar a persoa responsable do sector audiovisual

Aínda faltan por nomear dous altos cargos do organigrama do novo goberno

15/5/2009 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

A situación do sector audiovisual continúa a estar no aire. Case un mes despois de desvelarse que haberá unha dirección xeral de Promoción do Sector Audiovisual e contidos Dixitais que se integra organicamente na consellaría de Economía e Industria, este departamento continúa sen ter un titular. O seu nomeamento permitirá establecer a nova política audiovisual da Xunta, despois de que o Partido Popular prometera unificar as competencias nesta materia, antes divididas entre Cultura e Presidencia. Xunto co director xeral de Promoción do Sector Audiovisual, falta por nomear no novo organigrama da Xunta, o de política financeira.

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Economía, Partido Popular

Claves

Entidades
Conceptos