O sector reclama a centralización das competencias do audiovisual nun único organismo

Dosier: audiovisual bipartito

24/11/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: espectaculos
26 lecturas | Compartido 0 veces
Era un secreto a voces. Desde que as competencias do sector audiovisual se repartiron entre Presidencia (na Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual, a través da Secretaría Xeral de Comunicación) e a Consellaría de Cultura (que creou a súa Axencia do Audiovisual Galego), o sector foi denunciando continuamente que o modelo non funcionaba. Das denuncias pasaron á acción e o pasado mes de maio, todos os colectivos que representan aos profesionais reuníronse con Emilio Pérez Touriño, presidente da Xunta, para exporlle a situación e pedir un cambio. Agora, nunha reportaxe en La Voz de Galicia, acaban de soicitar un organismo único e transversal para xestionar a política audiovisual. Repasamos neste dosier a situación nesta lexislatura.
Reportaxe sobre o reparto de competencias do audiovisual no goberno O audiovisual volve ocasionar friccións entre Cultura e a Secretaría de Comunicación O CGAI foi un campo de batalla continuado que, ao final, acabou integrándose no organigrama da Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual Guillermo Escrigas é o director do CGAI despois de dous intentos fallidos A duplicidade de portais de internet é unha mostra da falta de política unificada A información sobre o audiovisual galego repítese en máis de dez portais de Internet O sector convoca unha reunión con Touriño para expor a súa situación O sector audiovisual pídelle a Touriño unha política única para esta materia Despois da xuntanza, o presidente Emilio Pérez Touriño anunciou unha mesa para arranxar a situación Touriño convoca unha mesa de diálogo para frear a división do sector audiovisual

Universo culturagalega.gal