Os principais desencontros do bipartito foron en materia audiovisual. Mudar todos os organismos que controlan este sector desde a Consellaría de Cultura para a Secretaría Xeral de Comunicación custoulle ao goberno as desputas máis agrias no que leva de mandato. O Director Xeral de Comunicación Audiovisual, Manuel José Fernández explica os cambios, a situación do CGAI e tende unha man para converter o Consorcio Audiovisual de Galicia nese centro neurálxico que coordine todas as políticas do sector audiovisual.
Unha das cuestións que máis desavinzas ocasionou no bipartito foi o emprazamento das entidades do audiovisual. Concretamente o CGAI, que pasou de Cultura a Presidencia, a pesar da reivindicación pública da Conselleira de Cultura para que se lle cederan as competencias deste organismo. Publicados os decretos que confinan as entidades do audiovisual en Presidencia e a falta da actualización do decreto de composición e funcionamento do CGAI ¿era posible outra fórmula?
A estrutura orgánica da Secretaría Xeral de Comunicación da Xunta establece que as competencias eran as mesmas que as que tiña antes en materia de Comunicación Social, pero agora situadas en Presidencia. Hai que pensar tamén que a Consellaría de Cultura non é a mesma, antes era Consellaría de Cultura, Comunicación Social e Turismo e agora é de Cultura e Deporte. Co cambio de goberno a parte de Comunicación Social está agora na Secretaría Xeral de Comunicación e Turismo converteuse en Secretaría Xeral e foi para a Consellaría de Innovación. No caso concreto do Centro Galego das Artes da Imaxe hai tantos argumentos para situalo en Cultura como onde está.
¿Pensa que é a colocación máis lóxica dentro do organigrama da Xunta?
Iso depende do papel que se lle queira dar ao CGAI. Estamos no Século XXI no que o audiovisual ten un papel diferente ao que tiña hai uns anos. En breve haberá unha explosión dos medios de comunicación cun número importante de televisións locais, máis cadeas de radio... o futuro do audiovisual pasa máis por estas novas canles de distribución, polas vendas de DVD ou pola distribución a través da rede. Neste contexto, nós vemos o CGAI como unha ferramenta para a distribución do audiovisual. O centro manterá a súa función tradicional de depósito e de filmoteca, de gardián do audiovisual galego, pero pensamos que ese papel non é suficiente no novo contexto. A súa función principal ten que ser a difusión do audiovisual nas novas canles.
NÓS VEMOS O CGAI COMO UNHA FERRAMENTA PARA A DISTRIBUCIÓN DO AUDIOVISUAL
¿Estanse a dar os pasos nesta dirección?
Obviamente si. A través de múltiples accións e, entre elas, destaca unha proposta que pretendemos que financie a Unión Europea que se chama Marea. Unha iniciativa galega que se presentou con varios países: Polonia, República Checa, Grecia, Francia, Hungría, entre outros, na que se pretende poñer a disposición da rede de todo patrimonio audiovisual para proporcionar contidos tanto as canles de televisión como a cidadanía en xeral para que poida utilizar eses contidos. Suporía subir todo o noso audiovisual á rede nun contexto non só desde un punto de vista de explotación cultural, senón tamén comercial, ao proporcionar contidos aos novos medios audiovisuais coa xestión de dereitos correspondentes. Estamos falando de medio millóns de obxectos audiovisuais dos que 132.000 serían galegos. Este é un proxecto que acaba de superar a primeira e máis difícil das peneiras da Comisión Europea, onde están a estudar a proposta para financiala. Pretendemos conseguir financiamento externo, aínda que xa veremos cómo, para poder conseguir levalo a adiante. Por outra parte, estamos pendentes de externalizar as actividades do CGAI para que cheguen a toda Galicia.
Falamos do CGAI pero non é a única entidade que se encarga do audiovisual. De feito hai numerosos organismos e tanto a conselleira de Cultura como a xente do sector pide unha maior coordinación ¿que mecanismos se van empregar para conseguilo?
A conselleira ten razón en reclamar unha coordinación pero non é simplemente entre Cultura e Secretaría Xeral de Comunicación, senón entre todas as entidades que se encargan do audiovisual. Falamos así de Educación, da que depende todo o relativo a formación regrada en materia do audiovisual; de Industria de quen dependen as políticas de apoio á industria de desenvolvemento e a innovación en Galicia. Obviamente teñen que coñecer o que demanda o sector para poder axudalo; de Economía, onde pasa exactamente o mesmo. De aquí depende o IGAPE, que ten un papel promotor da proxección exterior da nosa industria. Hai que fixarse que Economía, Educación e Industria non dependen de Cultura en ningunha administración. Cultura ten un papel fundamental no que é a produción, o deseño do audiovisual e ten unha incidencia destacado na idea de país, de desenvolvemento dos aspectos culturais. O cambio desta administración é que dentro da cadea de valor do audiovisual, esta administración dedicou un órgano especializado na parte de comunicación, difusión, distribución, participación en mercados e posta en valor, igual que hai unha Consellaría de Educación, unha de Economía, ou unha de Industria.
¿E cal sería ese órgano que coordine as diferentes actuacións en materia de audiovisual? ¿Sería unha entidade nova?
Agora mesmo hai un órgano no que estamos todos que é o Consorcio Audiovisual de Galicia. É un órgano autónomo que ten o seu CIF, o seu NIF, o seu funcionamento e que vai depender das directrices que marque o seu Consello de Dirección. Segundo o decreto que acaba de actualizar a composición e funcionamento do Consorcio, nesta entidade estamos todos os órganos da administración que teñen que ver co audiovisual. Tamén está, por razóns obvias, a Secretaría Xeral de Política Lingüística xa que o audiovisual é un vehículo fundamental para a posta en valor do idioma e, por razóns históricas, as deputacións provinciais e o IGAPE, que representa a Economía. O Consorcio xa está constituído, agora o que falta é que se reúna o seu consello de dirección para definir as liñas políticas. Penso que cando a conselleira di que fai falta este órgano o que está a dicir é que non lle serve o Consorcio porque non lle chega con estar alí sentada para facer a foto. Pero hai que pensar que nós somos o Consello de Dirección e somos quen de que funcione doutra maneira. Se sae adiante, perfecto. ¿Que non sae adiante? Pois entón teremos un problema.
A COORDINACIÓN NON DEBE SER SÓ ENTRE CULTURA E A SECRETARÍA XERAL DE COMUNICACIÓN, SENÓN ENTRE TODAS AS ENTIDADES QUE SE ENCARGAN DO AUDIOVISUAL
¿É por esta desputa que se atrasase a convocatoria de axudas?
A nosa idea era facer unha convocatoria conxunta entre as axudas da Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual e as do Consorcio. Ao final non foi posible por cuestións burocráticas, razóns de organización administrativa, porque un consorcio que ten un NIF non pode saír na orde cun departamento da administración. Entón, cando se clarificou esta situación, houbo que facer a separación. As liñas de axudas do Consorcio non saíron aínda porque estamos esperando a ter a primeira reunión do Consello de Dirección mentres que as nosas axudas (as da Dirección Xeral) están a piques de saír.
¿Cales son os piares desas convocatorias de axudas?
Esta administración vai convocar dúas axudas novidosas. Por unha banda axudas para as estreas e presentación pública para obra audiovisual, nas que tamén se inclúen os videoxogos. Teñen a peculiaridade de que son axudas automáticas, de tal xeito que se cumpres os requisitos terás a axuda de xeito inmediato. Interésanos que a primeira presentación pública dunha longametraxe se faga aquí, teña unha relevancia, unha presenza pública nos medios e teña unha atención especial. Entre os requisitos desta convocatoria figura que a estrea ha de ser en lingua galega.
E logo a outra é unha liña de axudas para a celebración de mostras, festivais, actos ou eventos do audiovisual coa idea de harmonizar o seu desenvolvemento. É a primeira vez que se fai unha axuda publica para iso, xa que ata o momento, os cartos se concedían mediante convenios e sen criterios de tipo técnico ou audiovisual. Cunha comisión de expertos converteremos unhas axudas discrecionais nunha convocatoria transparente para mostras do audiovisual. Tamén sairá en breve.
Agora que falamos de mostra ¿Impulsarase un festival en Galicia? ¿Será o Chano Piñeiro que anunciou o presidente en Vigo?
Estamos a buscar un festival de referencia que encaixe dúas cousas. Dunha banda a creación do Festival Chano Piñeiro que anunciou o presidente en Vigo con motivo do décimo aniversario da morte do cineasta e, pola outra banda, xa existen e funcionan unha serie de festivais. Así, de xeito rápido, ocórrenseme dous. Dun lado está o de Compostela (Cineuropa) e do outro o de Ourense (Festival de Cine Independente de Ourense). En lugar de organizar un festival ex-novo co nome de Chano Piñeiro a idea sería buscar un que teña certo pulo e, no contexto dese festival, organizar unha sección ou algo que realmente sirva para amosar o audiovisual galego e que levaría o nome de Chano Piñeiro. Agora mesmo estamos a estudar cal sería o lugar máis axeitado desde o punto de vista de repercusión exterior e para logo chegar a un acordo cos organizadores para crear esa sección co nome de Chano Piñeiro.
NON CREAREMOS UN FESTIVAL NOVO CO NOME CHANO PIÑEIRO, SENÓN QUE PROCURAREMOS CREAR UNHA SECCIÓN CO SEU NOME NUN DOS FESTIVAIS QUE XA EXISTEN
No Libro Blanco do Audiovisual aparecía a creación de dúas entidades, un consello do audiovisual galego e un consorcio de exportación. ¿Vanse crear estas figuras ou se van redefinir as que hai ampliando estas funcións?
En primeiro lugar, no tema do Consello do Audiovisual Galego hai un organismo en Galicia que é o consello Asesor do Audiovisual e das Telecomunicacións que acaba de reunirse hai dúas semanas e que funciona, nunha mesa permanente e en grupos de traballo. Temos que ser moi cautos porque xa vimos o que pasou cos consellos audiovisuais en Madrid e Cataluña e por iso haberá que agardar para ver como se ten que desenvolver este órgano e definir as súas funcións. O Consello é un instrumento diferente aos xa existentes, que ten un funcionamento complicado porque agrupa a máis de cen persoas pero xa que o temos constituído veremos o funcionamento e a orientación que se lle vai a dar.
Con respecto á exportación o que estamos a facer agora é ver os instrumentos dos que dispomos. O IGAPE ten un papel fundamental da posta en valor do produto en xeral e, por outra banda, hai unha iniciativa que nace no Clúster Audiovisual que é a creación dunha marca Galicia Audiovisual . Estamos a ver como podemos organizarnos para exportar o noso produto a través da rede do IGAPE e ver se é posible aglutinar esa idea nunha marca Galicia Audiovisual. A filosofía é que xa temos moitos organismos do audiovisual e agora hai que garantir unha coordinación cos órganos especializados que temos.
Por outra banda, hai que falar das cousas que quedaron pendentes do último goberno en materia audiovisual como son os concursos para a concesión de frecuencias de radio e televisión dixital.
No caso da radio estaban pendentes as dúas convocatorias dixitais, a autonómica e a local. Sobre este tema xa apuntou algo o Secretario Xeral na ultima sesión do Consello Asesor das Telecomunicacións e do Audiovisual no que se propuxo que se declaren desertos os dous concursos. Basicamente porque se veu a demostrar que non hai nin demanda nin mercado para a radio dixital. Foi un pouco precipitado convocar o concurso de radio dixital cando se fixo. Os receptores de radio dixital son carísimos, case non se poden atopar no mercado e, ao contrario que pasa coa televisión, a radio non é unha tecnoloxía substitutiva. É dicir, a radio dixital vai competir coa radio analóxica, coas FM de toda a vida. De feito, a nosa proposta é que en breve se faga un novo concurso para conceder arredor de cen novas licenzas de FM.
NON ENTRAMOS NO CONCURSO DAS LICENZAS DE TELEVISIÓN DIXITAL TERRESTRE AUTONÓMICA PORQUE A ANTERIOR ADMINISTRACIÓN TOMOU A DECISIÓN RESPECTANDO O PRINCIPIO DE LEGALIDADE
¿E no caso da televisión?
Está en man do Consello da Xunta tomar unha decisión. No seu día xa se propuxera declarar deserto o concurso, pero a decisión do Consello é moito máis crítica por varios factores. En primeiro lugar porque é unha tecnoloxía de substitución (no ano 2010 deberán desaparecer as emisións analóxicas) e é unha oportunidade para desenvolver a televisión local e a municipal. Penso que se está demorando porque o órgano de contratación do Consello da Xunta, antes de tomar unha decisión, estase a asegurar que é a máis axeitada. Nun par de meses, como moito, estará resolto o concurso.
¿E no caso das autonómicas?¿falouse en varias ocasións de que se ían recorrer?
Aquí presentouse un recurso de reposición perante o órgano administrativo. Como o recurso se presentou contra unhas concesións que xa estaban feitas cando chegamos, o que se fixo foi publicar a decisión do Consello da Xunta. Polo que eu sei ese recurso non se contestou xa que polos estudos que nós fixemos e polas análises dos xuristas, desde o punto de vista técnico a resolución da Administración anterior estaba ben feita. É dicir, que se fixo con todas as garantías legais. Entón optamos por non entrar neste concurso. Como se esgotou a vía administrativa agora habería a posibilidade de presentar un recurso perante un xuíz e isto non se ten producido.
O seu departamento tamén ten competencias en infraestruturas de telecomunicacións. Os indicadores neste campo son bastante desalentadores. ¿Cal é a súa visión da situación actual?
Nas grandes cidades do Eixo Atlántico máis as áreas metropolitanas e nas grandes vilas o nivel de acceso á información é semellante ao do resto de Europa. Pero acontece que temos unha distribución xeográfica moi especial e complicada. Para iso hai dous plans, un da Consellaría de Industria que se iniciou no Estado e que se completou aquí cun contrato co operador de cable R. Este proxecto estase a desenvolver cun horizonte 2008-2009 e que supón o achegamento da banda ancha aos núcleos de poboación con máis de 500 unidades inmobiliarias. En paralelo e mentres non chegue esa tecnoloxía, a Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual está a desenvolver unha rede que garanta o mínimo necesario que é acceso público á sociedade da información de xeito gratuíto. Agora mesmo temos trece telecentros espallados por toda Galicia coordinados a través do Centro Multimedia de Galicia. O noso obxectivo é chegar a trinta para cubrir a maior parte das comarcas de Galicia. Así Industria chegará as casas e nós á sociedade cunha rede gratuíta de centros que proporcionan acceso a internet e medios para visualizar o audiovisual como salas e equipos. A partir desta rede creáronse unha serie de iniciativas como Navega (curso de acceso á rede) ou Curtas en rede (un certame para promover o audiovisual en Internet).
____
Imaxe: Conchi Paz