Os partidos políticos explicarán nunha xornada as súas propostas para o sector audiovisual

A mesa redonda estará moderada por Mayte Cabezas

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

A política marcou a situación do sector audiovisual galego na presente lexislatura. O reparto de competencias entre os dous partidos de goberno condicionou o desenvolvemento da industria ata tal punto que o sector chegou a reunirse co presidente, Emilio Pérez Touriño, para pedir que mediase no conflito. Por ese motivo, a Academia Galega do Audiovisual convidou a representantes dos tres partidos políticos con presenza no Parlamento (PP, PSOE e BNG) para que expliquen as súas visións e propostas para o sector.

Diego Calvo, vicesecretario do PP de Galicia; José Manuel Lage Tuñas, deputado e secretario de formación do PsdeG-PSOE, e Xosé Ramón Paz Antón, deputado do BNG son os relatores dunha mesa redonda que estará moderada por Mayte Cabezas. A cita será o xoves na sede da Fundación Caixa Galicia en Santiago de Compostela (Rúa do Vilar, 19 ás 18:30 horas).

Que che parece esta nova?
70 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

As regras do xogo

As regras do xogo

A Xunta pretende reformar nesta lexislatura seis leis relacionadas co sector audiovisual

Eleccións e cultura

Eleccións e cultura

Os políticos coinciden na necesidade de unificar as políticas do audiovisual nun só departamento

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Emilio Pérez Touriño, PSOE, BNG, Academia Galega do Audiovisual...