Era o momento oportuno para que todas as partes implicadas no sector audiovisual se sentaran a falar. Mentres en Madrid se inicia o trámite parlamentario dun texto (a Lei Xeral do Sector Audiovisual) que marcará as directrices xerais do sector nos vindeiros anos, en Galicia ábrese un novo contexto precedido por un cambio de goberno. A Academia Galega do Audiovisual citou no Consello da Cultura Galega a representantes dos partidos polÃticos (o do Partido Popular, AgustÃn Baamonde, non se presentou) a explicar a interesados e curiosos a pertinencia de contar cun novo marco normativo en Galicia.
Alfonso Cabaleiro, secretario xeral de Medios, foi o encargado de abrir, xunto con Xosé López, vicepresidente do Consello da Cultura Galega, a primeira das tres xornadas de debate convocadas pola Academia Galega do Audiovisual para coñecer cal é o marco normativo e xurÃdico no que se move o sector. E a súa intervención servÃu para abrir boca do que será a futura polÃtica do goberno nesta materia. “A Xunta ten unha única polÃtica que será a de respecto e liberdade á creación”, avanzou antes de dar a coñecer o que foi a gran noticia da xornada: “a reforma legal no ámbito administrativo que se concretará nun catálogo dunha media ducia de leis a reformar”. E citou a lei de publicidade institucional; a do audiovisual galego (Lei 6/1999), da que dixo “haberá que agardar ata aprobar a lei estatal; e a lei da compañÃa da CRTVG (Lei 9/1984). Para todos estes cambios lexislativos, Cabaleiro apuntou tres palabras claves “unificación, diálogo e consenso”. O secretario xeral de Medios, tamén foi moi claro ao apuntar que a situación do mercado e a crise actual obrigará a reforzar a estrutura das empresas privadas, que “han de facelo soas, sen a axuda do goberno”. Non avanzou máis e apuntou que nas vindeiras semanas se concretará e definirá o modelo. En todo caso, o vindeiro 11 de novembro haberá unha nova xuntanza deste foro convocado pola Academia que se dedicará a analizar especÃtifcamente o marco administrativo do audiovisual.
¿É necesario reformar a lei do audiovisual galego? ¿e a da CRTVG?
Tanto Jose Luis Méndez Romeu, representante do Partido Socialista de Galicia (PSdG), como Anxo Quintana, do Bloque Nacionalista Galego (BNG), ambos voceiros dos seus partidos na comisión de control parlamentario da CRTVG, foron rotundos na súa afirmación. “É ineludible e inexorable porque son dúas leis obsoletas” explicou Méndez Romeu, ao tempo que fixo unha análise do contexto actual de cambio no que hai que situar o sector audiovisual. As normativas europeas, que regulan co fin de preservar a produción independente e de carácter cultural; o marco normativo estatal, agora nunha fonda remodelación; a conversión dixitalÂ… son estas algunhas das causas apuntadas por ambos relatores nas súas intervencións que xustificaron a necesidade de acometer eses cambios na Lei do Audiovisual galego. O representante do PSdG lembrou o momento no que se aprobara aquela lei na que “todos cedimos para poder aprobar un texto que era necesario aÃnda que imperfecto” e da que Quintana lembrou o seu papel de defensor da nosa expresión cultural ao tempo que conxugaba o sector industrial. As diferenzas entre eles viñeron no “tempo” no que se ha de acometer esta reforma. AsÃ, mentres Méndez Romeu avogaba por agardar a ter unha Lei Xeral Estatal, Anxo Quintana apoiábase no autogoberno autonómico para impulsar a legislación galega “sen ter que estar dependendo de Madrid”.
No caso da CRTVG, tanto Quintana como Méndez Romeu foron rotundos na necesidade inmediata de acometer esta reforma (é curioso que estaba nos programas electorais de cada un dos partidos, e foi tema de debate continuo durante a anterior lexislatura). Ambos coincidiron na necesidade de darlle independencia con respecto do poder polÃtico para poder, en palabras de Anxo Quintana, “blindar o carácter de servizo público da CRTVG”; asà como na elección do director do ente público por maiorÃa cualificada. Mentres Quintana definiu un listado de seis criterios indispensables que ha de abordar a modificación da lei (elección do director, independencia do consello de Administración, blindar o carácter de servizo público, adaptación da compañÃa, reforma homogénea aos dous entes e convertelo en motor do audiovisual), Méndez Romeu reflexionou sobre a complexidade do proceso que ha de ir parella a un debate sobre o sistema de financiamento da CRTVG e a definición do seu modelo para o futuro.
A reflexión sobre a necesidade de modificar o marco lexislativo abriu a primeira das tres mesas redondas que compoñen o foro da Academia Galega do Audiovisual e que ese ano se presentaba baixo o tÃtulo “As regras do xogo”. A seguinte cita terá lugar o xoves 5 de novembro e abordará a dialéctica entre cine comercial e cultural. Pecha o foro, a mesa redonda sobre o marco administrativo do sector, o vindeiro 11 de novembro.