
Hai unha cousa na que coinciden os tres partidos polÃticos con representación no Parlamento de Galicia: o audiovisual non pode estar repartido en dúas consellarÃas. Pero non todos o incorporan ao seu programa que, no fondo, é o compromiso que adquire cada partido. O documento do PsdG-PSOE non o menciona, mentres que o BNG apunta a unha “lóxica integradora e unificadora das polÃticas do audiovisual”. Moito máis claro é o Partido Popular que fala de “agrupar e integrar todas as competencias da área de comunicación e audiovisual nun único órgano xestor, co fin de suprimir as duplicidades (...) a través dun clúster, das industrias creativas e audiovisuais de Galicia”.
Estas son as as propostas do sector audiovisual por parte dos diferentes partidos polÃticos.
Partido Popular: unha ventaÃña única
Diego Calvo, número 4 do Partido Popular pola provincia da Coruña, asegura que “apostamos por un único interlocutor, un clúster do audiovisual que reúna empresas, contidos e cultura”. Canda esta, o programa do PP pretende unha fonda reforma do marco lexislativo que vai desde a actual Lei do Audiovisual (a Lei 6/1999), ata a reforma da Lei da CRTVG. A primeira “quedou un pouco obsoleta. Temos que falar co sector, igual que fixemos no seu momento, pero hai que adaptala aos novos tempos” apunta Calvo. Para a dos medios de comunicación públicos do paÃs, “avogamos por cambiar o procedemento de nomeamento do director (2/3 do parlamento) e o consello asesor (tamén por 2/3 do Parlamento). Canda estas iniciativas, o seu programa recolle outras medidas como un Plan para o impulso e desenvolvemento da TDT pública e privada en Galicia, impulsar a actividade do CGAI, crear unha canle temática sobre “Cultura de Galicia” ou potenciar a proxección internacional da produción audiovisual galego con fomentando as coproducións e a participación en feiras internacionais.
Partido Socialista de Galicia: plan de apoio á produción independente
Francisco Cerviño, número 7 pola Provincia da Coruña apunta que tendo en conta a situación actual do sector (atomización, escasa dimensión das compañÃas e o peso determinante da CRTVG como único cliente de moitas desas empresas), “os retos máis urxentes do sector pasa pola externacionalización e pola busca de clientes externos”. Nese obxectivo, o seu programa pretende consolidar un plan de apoio á produción independente, integrando nel instrumentos públicos e de capital mixto ou, entre outras medidas, promover o desenvolvemento de contidos para a TDT. Pero o proxecto máis destacado é a constitución do “Arquivo Universal Dixital do Audiovisual Galego” como ferramenta de conservación, difusión e posta en valor do patrimonio audiovisual.
Non figura no seu programa nin a reforma da Lei do Audiovisual Galego, nin a reforma da CRTVG porque, como afirma o propio Francisco Cerviño, “este é un compromiso da anterior lexislatura que se mantén”.
Bloque Nacionalista Galego: o audiovisual que reflicta a lingua e a cultura do paÃs
Xosé Ramón Paz Antón, número 5 do Bloque Nacionalista pola provincia de Pontevedra, coincide en que o “audiovisual debe estar nunha mesma dependencia, nun mesmo departamento. Unha vez que sexa único, pensamos que sexa en cultura”. Para o BNG débese continuar co traballo desenvolvido nestes catro anos pola Axencia Audiovisual Galega e seguir coas “axudas á creación, que cada vez reflictan máis a nosa lingua e mesmo a temática do paÃs” afirma Xosé Ramón Paz. Canda isto, Paz Antón asegura que “pensamos que nun prazo de seis meses hai que acometer a reforma da Lei da TVG, para modernizar e mellorar este ente. Cremos que debe ser o motor do sector audiovisual e, polo tanto, é prioritaria e preferente”.