Cultura presenta as liñas mestras do Mapa de Bibliotecas de Galicia

Os datos deste mapa sinalan que 57 concellos carecen deste equipamento

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

O Secretario Xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, presentaba onte ante a Comisión 4ª de Educación e Cultura do Parlamento as liñas xerais do Mapa de Bibliotecas Públicas de Galicia. Esta ferramenta de planificación recolle a situación deste tipo de equipamentos por todo país. Segundo sinalou Lorenzo, "o mapa galego conclúe que os fondos documentais, os puntos de lectura e as horas de apertura presentan un grao elevado de adecuación aos estándares, mentres que os espazos, os puntos de acceso informático e o persoal son os recursos que contan cun menor nivel de adecuación". Así, só un 40% das bibliotecas presentan un nivel de adecuación alto en persoal. Asimesmo, os datos revelan que 57 concellos do país carecen de servizos deste tipo.

Que che parece esta nova?
62 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Os lugares da cultura

Os lugares da cultura

O Mapa de Equipamentos Culturais permite localizar estes elementos a través do web

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Bibliotecas, Anxo Lorenzo, Documentais, Educación

Claves

Protagonistas