
Segundo explicou HÃ¥kan Casares, do Observatorio da Cultura, “con esta iniciativa trátase de crear ferramentas útiles de cara á programación cultural. Os programadores poden consultar, por exemplo, cantos escenarios con determinado tamaño, salas de exposicións con luz natural ou auditorios cun número mÃnimo de prazas están dispoñibles no paÃs para preparar unha xira”. Polo momento, cóntase na rede cuns 3.500 elementos localizados, aÃnda que quedan pendente por incorporar diferentes concellos. Segundo puntualiza Casares, “este é un proceso aberto ao que se irán incorporando aos poucos novos equipamentos”.