O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, presentaba na mañá deste 27 de maio ante a Comisión cuarta do Parlamento o II Mapa de Bibliotecas de Galicia. Esta análise, que foi aprobada polo Consello da Xunta do pasado dÃa 25, actualiza o mapa realizado en 2016 e verifica unha diminución no número de centros deste tipo existentes no paÃs. Tamén baixaron as cifras de persoal e de postos de lectura, mentres se incrementou o número de volumes dispoñibles e os metros cadrados dedicados a esta función.
Deste xeito, se no anterior mapa existÃan equipamentos de lectura en 257 concellos, os novos datos reducen a 215 os municipios que contan con eles. En total, e segundo sinalou Lorenzo, o estudo enumera un total de 295 bibliotecas distribuÃdas en todo o paÃs, mentres a anterior análise recollÃa 391 "puntos de servizo bibliotecario" no territorio.
A maiores, a análise aborda novos datos encol do uso destas instalacións por parte da poboación en 2019, último ano no que a Xunta considera que os servizos desenvolveron un servizo normal antes da pandemia. Deste xeito, o Mapa cuantifica en 6,6 millóns de exemplares a composición da colección da Rede de bibliotecas públicas, o que supón que "cada galego ten ao seu dispor o equivalente a 2,6 documentos", e marca un destacado incremento a respecto do 5.619.567 exemplares rexistrados en 2016.
En canto a persoal, o estudo conta 630 profesionais a templo completo fronte a 818 rexistrados no anterior Mapa. Os centros suman un total 98.000 metros cadrados, algo máis que os 96.625 do anterior estudo, e un 53% conta cunha sala especÃfica para o público infantil.
O novo mapa apunta ademais que existen máis de 17.000 postos de lectura, unha cifra que en 2016 era de 18.320, e máis de 4.100 postos informatizados o que supón 1,7 postos deste tipo por cada 1.000 habitantes. Esta última cifra está por riba da media estatal, de 0,6, segundo informou a Xunta.
Na mesma liña un 88% das bibliotecas contan con conexión a Internet. O Goberno galego destaca na presentación do estudo que Galicia, con 17,6 bibliotecas por 100.000 habitantes, está por riba da media estatal e que é a terceira comunidade cun maior gasto en adquisicións por cada 100.000 habitantes.
Na súa intervención ante o parlamento, Lorenzo destacou a evolución destes centros nos últimos anos a apuntar melloras en ámbitos como "a diversidade de servizos para acudir ás bibliotecas (prazas de aparcadoiro, paradas de autobús...), aos materiais para o público infantil, as condicións de apertura ou recursos como wifi, postos de lectura ou as coleccións que ofrecen", segundo sinala a ConsellerÃa de Cultura.
O estudo inclúe tamén unha avaliación sobre o funcionamento dos diferentes centros a través de trinta indicadores que tratan "a distribución do fondo, espazos, dixitalización, condicións de apertura, recursos humanos, accesos, medidas adaptadas para persoas con discapacidade, accións de dinamización, sustentabilidade e orzamento".
O novo mapa preséntase como unha "ferramenta de planificación que serve como base para diagnosticar necesidades e orientar a acción pública neste eido". Deste xeito, a ConsellerÃa de Cultura anuncia a vindeira elaboración dun documento estratéxico que será debatido co sector na vindeira xuntanza do Consello Bibliotecario de Galicia. Iniciativas para chegar aos lugares nos que non teñen bibliotecas, mecanismos de cooperación entre concellos ou a descentralización do servizo a través de novos centros que traballen en rede, son algunhas das medidas que se prevén desenvolver.