A realidade aumentada é unha tecnoloxÃa emerxente baseada na vinculación entre a realidade fÃsica e as capas de datos almacenadas en Internet. O Consello da Cultura Galega presentou hoxe á maña aos medios a súa primeira incursión nesta nova técnica, de carácter experimental, realizada en colaboración coa empresa especializada en servizos de xeolocalización Sixtema. Trátase do Mapa Cultural Galego, unha capa de datos para o navegador holandés Layar. O Consello da Cultura Galega é a primeira institución galega en ofrecer aos cidadáns información neste dispositivo.
O Mapa Cultural Galego en realidade aumentada ofrece a usuarios cun teléfono móbil equipado con cámara, GPS e brúxula a capacidade de representar sobre a realidade a ubicación e os datos de moi diversos equipamentos culturais, como museos, galerÃas de arte ou centros sociais. Os usuarios poden coñecer numerosos datos técnicos sobre ese equipamento, e tamén poñerse directamente en contacto con el a través de teléfono, correo electrónico ou un acceso directo aos seus webs.
O Mapa Cultural Galego toma os seus datos do Mapa de Equipamentos Culturais de Galicia, un proxecto do Observatorio da Cultura Galega do CCG, no que están catalogados e xeoreferenciados 5.000 equipamentos culturais xeoreferenciados en toda Galicia. No 2010, ao Mapa Cultural Galego tamén se incorporarán todos os elementos catalogados na aplicación de viaxes culturais Roteiros, de culturagalega.org.
Demostración do uso do Mapa Cultural Galego en realidade aumentada