O Ministerio de Cultura financiará a dotación dos espazos escénicos da Coruña

Visita herculina

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

César Antonio Molina, ministro de Cultura, visita hoxe A Coruña, onde prevé asinar un convenio co concello. Segundo adiantan medios locais, o acordo centrarase nas artes escénicas, apoiando a dotación de espazos escénicos nos centros cívicos da cidade. Ao tempo, outro acordo coa Asociación de Amigos da Ópera achegará apoio ao festival lírico que se celebra na cidade. Estes acordos chegan pouco tempo despois da denuncia que o deputado nacionalista Francisco Jorquera fixo no Congreso sobre a diminución dos orzamentos que o Ministerio destina ás artes escénicas en Galicia.

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con A Coruña, Artes Escénicas, Ministerio de Cultura, César Antonio Molina...