Salvador de Madariaga e Casares Quiroga protagonizan proxectos culturais na Coruña

O Ministerio de Cultura anuncia un Centro de Cultura Europea e outro sobre Memoria Histórica

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

O edificio do Goberno Militar, na Coruña, acollera o Centro de Estudos da Cultura Europea, que se aproveitará para difundir a figura de Salvador de Madariaga. O ministro de Cultura, César Antonio Molina, anunciaba este proxecto na súa visita á cidade durante a fin de semana. O centro, que se rexerá por un padroado, contará con sala de exposicións, biblioteca, centro de conferencias e unha sala de exhibición de filmes, e agárdase que estea en marcha cara a 2013. Molina tamén asinou un convenio para que a Casa Museo Casares Quiroga pase a ser delegación na cidade do Centro Documental da Memoria Histórica, dependente do Ministerio. Entre outras medidas, o acordo contempla trasladar a biblioteca de Casares Quiroga a estas instalacións.

Que che parece esta nova?
49 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con A Coruña, Memoria Histórica, Ministerio de Cultura, César Antonio Molina...