O Ministerio de Cultura investirá en 2011 en Galicia 1.245.000 euros, segundo publicaba onte La Voz de Galicia. As contas estatais sofren un forte descenso no noso paÃs, e deixan en suspenso proxectos como o Centro Internacional de Recursos sobre a Cultura Europea que o antigo ministro Cesar Atonio Molina anunciara na Coruña. Tamén se ve afectado o proxecto da Biblioteca Pública de Vigo, que só recibe 20.000 euros e ve aprazado ata 2014 o groso do investimento. Entre as actuacións previstas polo ministerio está a intervención na Virxe da Barca de MuxÃa, o plan director do Museo de San Felipe, en Ferrol, e os primeiros pasos de cara a contar con novas sedes dos arquivos históricos provinciais.