O ministro de Cultura comprométese a que a Cidade Olívica conte cunha biblioteca estatal

Tamén hai para Vigo

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Continúa a deixar novas a visita de César Antonio Molina, ministro de Cultura, a Galicia. Se onte falabamos dos seus compromisos coa cidade da Coruña, hoxe sae á luz a súa promesa de que Vigo contará cunha biblioteca estatal. Un investimento anual de dous millóns de euros e trinta e cinco empregados darán servizo a esta cidade. A antecesora de Molina no cargo, Carmen Calvo, negárase a esta posibilidade argüíndo que só as capitais provinciais e autonómicas contan con estas instalacións.

Máis información no Faro de Vigo, en El País, en Galicia Hoxe e nos nosos arquivos sobre o ministro ;

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cidade Olívica, César Antonio Molina, Galicia Hoxe, El País...