César Antonio Molina, novo ministro de Cultura, fai a súa primeira visita oficial a Galicia

O ministro volta á casa

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
O encontro co presidente Touriño, onde se definirán as liñas de colaboración entre a Xunta e o Ministerio semella o prato forte da visita que César Antonio Molina, novo ministro de Cultura, fai hoxe ao noso país. Canda a isto, Molina terá un encontro cos membros do Consello da Cultura Galega. Para mañá visitará o Concello e a Deputación da Coruña, canda á Real Academia Galega, e mércores achegarase a Vigo. Alí está previsto que inaugure unha mostra sobre as Misións Pedagóxicas na República e que se reúna co alcalde, Abel Caballero.

Máis información en Galicia Hoxe, en Xornal.com, no web do Consello da Cultura; e nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con César Antonio Molina, Abel Caballero, República, Galicia Hoxe...