Zapatero nomea a César Antonio Molina como ministro de Cultura

O Ministro Molina

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
O coruñés César Antonio Molina é o novo Ministro de Cultura. É un dos cambios anunciados esta mañá polo presidente Zapatero e que afectan a catro carteiras. O escritor, periodista e poeta César Antonio Molina (A Coruña, 1952) foi nomeado no 2004 director do Instituto Cervantes, a entidade encargada de difundir a lingua e a cultura española en todo o mundo. Antes estivo á fronte do Círculo de Belas Artes de Madrid, onde desenvolveu a súa actividade profesional. Molina é licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago e en Ciencias da Información pola Complutende, diplomado en Lingua e Literatura italiana pola Universidade para estranxeiros de Perugia.

Máis información en El País e sobre a súa figura na nosa hemeroteca

Que che parece esta nova?
55 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con César Antonio Molina, Belas Artes, Literatura, El País...