Ángeles González Sinde substitúe a César Antonio Molina como Ministro de Cultura

O presidente do Goberno defendeu a necesidade de fomentar a cultura en época de crise

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

José Luis Rodríguez Zapatero, presidente do Goberno, deu a coñecer hoxe a remodelación do goberno. Uns cambios nos que o coruñés César Antonio Molina deixa paso á Ángeles González Sinde á fronte do Ministerio de Cultura. Na conferencia de prensa na que anunciou os cambios (que afectan a Economía, Fomento, Educación e Sanidade) Zapatero defendeu a necesidade dun Ministerio de Cultura ao considerar que é un sector “moi importante” en época de crise. Para o presidente a Cultura é unha política de Estado e a súa xestión é “moi esperada no mundo”. Ademais, destacou o perfil de creadora de Ángeles González Sinde que, ata hoxe presidenta da Academia das Ciencias e das Artes Cinematográficas. Os novos ministros xuran esta tarde o seu cargo e tomarán posesión antes da primeira reunión do Executivo que se celebrará mañá.

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con César Antonio Molina, Ministerio de Cultura, Educación, Economía

Claves

Protagonistas