O Ministerio de Cultura retoma as obras de San Francisco

O departamento de Ángeles González Sinde iniciou os trámites para finalizar a rehabilitación

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Malia que aínda non existe sentenza xudicial que resolva o conflito entre a primeira empresa adxudicataria e o Ministerio de Cultura, o departamento que dirixe Ángeles González Sinde, iniciou o trámite administrativo para finalizar a rehabilitación do complexo histórico de San Francisco (Ourense). A última novidade ao respecto, é que se iniciou o expediente de contratación do proxecto de terminación dos traballos de rehabilitación e contrucción do futuro arquivo e biblioteca ourensá. O orzamento para estas obras, que se iniciarán nos vindeiros meses é de 735.000 euros. Segundo publica hoxe o xornal La Región, é o primeiro dos investimentos previstos para este edificio feitos polo goberno central que ascenderán a preto de quince millóns nos vindeiros dous anos.

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ministerio de Cultura, La Región, Goberno Central, Ourense