As obras de emerxencia de San Francisco reanudaranse o vindeiro luns

As actuacións están encamiñadas a paliar o grave deterioro do edificio

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

A vindeira semana reanudaranse as obras de emerxencia no complexo cultural de San Francisco en Ourense. O último capítulo do complexo proceso de restauración tivo lugar esta semana, cando o Xulgado Central do Contencioso-Administrativo autorizou continuar coas obras de emerxencia iniciadas en xaneiro deste ano co fin de paliar o grave deterioro do claustro do edificio. Estas actuacións foron solicitadas despois de que se paralizara a rehabilitación (cando se levaba executado o 80% do proxecto) que motivou un litixio xudicial entre o Ministerio de Cultura e a primeira empresa adxudicataria da restauración.

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ministerio de Cultura, Ourense

Claves

Lugares