Un informe pericial é un dos trámites para reanudar as obras de San Francisco

O remate das obras ten un custe estimado de 26 millóns de euros

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

A reanudación das obras do Arquivo Histórico e da biblioteca de San Francisco en Ourense están pendentes de varios trámites. Entre eles, segundo publica hoxe o diario La Región, un informe pericial que permitirá determinar se a empresa concesionaria (UTE) executou obras de reforzo no claustro ou non, unha das causas polas que o Ministerio de Cultura rescindiu o contrato. Este mesmo xornal asegura que existe unha cifra estimada de 26 millóns de euros para a finalización dos traballos, dos que se destinarán 3 millóns para o 2009. A nova chega un día despois de que o xornal ourensá publicara a sentenza xudicial que denegaba a petición da UTE de suspender a rescisión do contrato do Ministerio de Cultura.

Que che parece esta nova?
28 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ministerio de Cultura, La Región, Ourense

Claves

Lugares