O xulgado paraliza as obras de emerxencia do Claustro de San Francisco

O Ministerio ten 8 días de prazo para presentar un informe pericial do estado do monumento

Os técnicos que realizaban as obras de urxencia no Claustro de San Francisco (Ourense) non poden acceder unha semana despois de comezar a traballar. A decisión chegou por vía xudicial do maxistrado do Xulgado Central do Contencioso número 4 de Madrid que ordenou a paralización das obras de emerxencia. A primeira empresa adxudicataria, que mantén un litixio co Ministerio de Cultura que derivou na paralización de todas as obras, presentou un recurso no que alega que as actuacións de emerxencia non contan cun informe pericial sobre o estado do monumento. Segundo publica hoxe La Región, o Ministerio de Cultura notificou que se trata dunha paralización “temporal”, xa que existen oito días de prazo para presentar ese documento.