O xuíz autoriza a entrada en San Francisco para realizar obras de emerxencia

O claustro gótico corre o risco de derrubarse de non proceder á reforma

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

O complexo de San Francisco, declarado Ben de Interese Cultural desde 1923, acaba de escribir un novo capítulo na longa traxectoria que leva a súa reforma. O xuíz titular do Xulgado Central do Contencioso-Administrativo, que tamén decretou a paralización dos traballos, acaba de autorizar a realización de obras de emerxencia no claustro do complexo. O risco de derrubo foi a razón que esgrimiu o xuíz para autorizar as reformas mentres non haxa unha sentencia xudicial no conflito que manteñen a primeira empresa adxudicataria e o Ministerio de Cultura.

Que che parece esta nova?
50 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ben de Interese Cultural, Ministerio de Cultura

Claves