O Centro Internacional de Recursos das Culturas Europeas que o anterior ministro de Cultura, César Antonio Molina, comprometera na Coruña, contará co apoio da súa sucesora no cargo. Ángeles González-Sinde visitaba onte a Cidade Herculina, onde anunciou que o seu departamento investirá este ano 352.000 nos estudos previos para este proxecto. No entanto, a ministra advertíu da posibilidade de que a conxuntura económica provoque atrasos no mesmo. Ademais, González-Sinde comprometeuse a estudar o apoio económico do seu departamento á Cidade da Cultura. Na súa visita, á Coruña, Sinde visitou o Teatro Rosalía, a Torre de Hércules e o centro cívico de Labañou, onde o ministerio comprometeu tamén investimentos.