Días despois das críticas de Roberto Varela, conselleiro de Cultura, pola escasa implicación do Estado no Xacobeo, a ministra de Cultura, Ángeles González-Sinde reuniuse co alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, para concretar diferentes aspectos vinculados á xestión cultural na cidade. Sobre a mesa abordáronse cuestiósn como a Reunión do Real Padroado para a toma de decisións (incluir o proxecto de rehabilitación da Catedral no plan para este tipo de edificios que mantén o Ministerio), a posta en marcha do Museo das Peregrinacións e unha participación activa na cidade da Orquestra, o Coro Nacional de España, o Ballet Nacional e o Centro Dramático Nacional. Sinde e Bugallo concretarán estes temas nunha visita que a Minsitra fará a Santiago en marzo.