Ángeles González-Sinde anuncia tres millóns de euros para dixitalizar salas de cine

O Ministerio está a elaborar a axenda estratéxica que conterá o futuro Plan Xeral do Circo

| Santiago. Redacción | Seccións: Circo
Compartir:

É unha das grandes eivas da exhibición cinematográfica, a conversión dos cinemas analóxicos en dixitais. Por iso, no marco da Conferencia Sectorial sobre Cultura desenvolvida onte en Oviedo a ministra de Cultura, Ángeles González-Sinde falou da necesidade da súa “renovación” e anunciou axudas por importe de tres millóns de euros. Foi un dos múltiples temas que figuraban na axenda desta reunión á que asistiron os representantes de todas as comunidades autónomas, Ceuta e Melilla. Na xuntanza celebrada en Oviedo falouse da creación dun gran portal cultural (para o que pediu a colaboración das autonomías), ao tempo que informou do estado actual do Plan Xeral do Circo. Neste último punto o director xeral do Instituto Nacional das Artes Escénicas e da Música (INAEM), apuntou que se está a traballar na redacción dunha Axenda Estratéxica do Circo que recollerá o diagnóstico dos problemas e as propostas realizadas polos representantes deste sector.

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Oviedo, Artes Escénicas, Inaem...