O pasado venres Reyes Maroto, ministra de Industria, presentou en Oviedo o Plan TurÃstico Nacional Xacobeo 2021-2020, que artellará o investimento turÃstico do Estado, en colaboración coas comunidades autónomas, durante este periodo e 2023, concedendo especial importancia aos camiños de Santiago. O plan, que conta cun orzamento global de 121 millóns de euros, inclúe actuacións de gran relevancia económica no patrimonio cultural español e galego. Deste xeito, o programa contempla investimentos nos seguintes monumentos: Catedral de Mondoñedo (3.500.000), Colexiata de Santa Mª de Xunqueira de AmbÃa (752.257,31), Convento de Sobrado dos Monxes (3.500.000), Convento de Herbón (3.500.000), Mosteiro de Oseira (2.000.000), Mosteiro de San Salvador de Lérez (1.500.000), Mosteiro de Vilar de Donas (1.500.000) e Mosteiro de San Salvador de Lourenzá (2.000.000). En total, máis de 18 millóns de euros que o goberno español "prevén implementar cos fondos Next Generation EU" e artellar a través de convenios establecidos coas comunidades a partir do segundo semestre de 2021 para seren executados entre este ano e o 2023.