César Antonio Molina compromete o apoio do seu ministerio ao Festival Mozart, ao Museo da Ciencia e ao Castro de Elviña

Compromisos ministeriais

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
A visita que o ministro de Cultura, César Antonio Molina, realiza estes días aGalicia está a se traducir en propostas. Molina anunciou onte na Coruña que o seu departamento incrementará o apoio económico ao Festival Mozart. Ao tempo asegurou financiamento para as escavacións no Castro de Elviña e apoio para a candidatura da Torre de Hércules a Patrimonio da Humanidade. O ministro tamén se comprometeu a colaborar na vindeira celebración dos 800 anos da cidade, e asegurou que mediará para acelerar a instalación do Museo de Ciencia e Tecnoloxía na cidade.

Máis información en La Voz de Galicia, en El País, La Opinión, en El Ideal Gallego e nos nosos arquivos sobre o ministro ; sobre o Museo da Ciencia

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ciencia, Mozart, César Antonio Molina, Festival Mozart...