Duascentas mil persoas apoian a candidatura da Torre de Hércules a Patrimonio da Humanidade

Torre de sinaturas

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
A campaña de recollida de sinaturas para amosar o apoio social a que a UNESCO declare a Torre de Hércules Patrimonio da Humanidade vai vento en popa. Nada menos 200.000 persoas amosaron xa o seu apoio a esta iniciativa. O alcalde da Coruña, Javier Losada, anunciou a vindeira celebración de diferentes actos para publicitar esta proposta. Pola súa banda, o ministro de Cultura, César Antonio Molina, lembraba onte que na vindeira primavera visitarán a cidade membros da UNESCO. Ao tempo, Molina anunciou a vindeira remodelación da antiga Fábrica de Tabacos Herculina para acoller o Arquivo Histórico Provincial.

Máis información en La Opinión, en El Ideal Gallego e nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Torre, UNESCO, Patrimonio da Humanidade, Torre de Hércules...