Un simposio e un centro de interpretación arroupan a candidatura da Torres de Hércules a Patrimonio da Humanidade

Arredor da torre

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
A Coruña está a volcarse co seu faro máis coñecido, a Torre de Hércules, desde que foi declarada candidata oficial a Patrimonio da Humanidade pola UNESCO. Dunha banda, o Concello da Coruña acaba de anunciar a intención de converter o antigo cárcere nun centro de interpretación da Torre. Da outra, a Consellaría de Cultura celebrará un simposio para poñer en común os coñecementos actuais sobre os faros romanos e a navegación occidental na Antigüidade. O encontro, que dará a cabida a expertos internacionais en historia antiga, arqueoloxía clásica e arquitectura, terá lugar na primavera e inscríbese na liña de promoción da candidatura da Torre de Hércules.

Máis información sobre o centro de interpretación en El Ideal Gallego e sobre o simposio no web da Consellaría de Cultura

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Torre, Patrimonio da Humanidade, Torre de Hércules, Arquitectura...