A Torre de Hércules non precisa reformas para optar a Patrimonio da Humanidade

Como nova

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Hai tres semanas, o Ministro de Cultura, César Antonio Molina, indicaba que cumprían reformas no contorno da Torre de Hércules para facilitar a súa declaración pola UNESCO. Agora, o subdirector xeral de Patrimonio do Ministerio, Luís Lafuente, sinalaba que o estado da torre é axeitado para pasar a inspección do organismo internacional e que non lle parece que haxa necesidade de amañar os xardíns que rodean o monumento. A coincidir coa súa visita, o alcalde coruñés anunciou que a recuperación do Castro de Elviña contará con financiamento a cargo do 1% cultural de Fomento.

Máis información en La Opinión, en El Ideal Gallego, en El Correo Gallego e en La Voz de Galicia; a rehabilitación nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
49 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Torre, Torre de Hércules, Patrimonio da Humanidade, César Antonio Molina...