As escavacións do Castro de Elviña contarán cun investimento de 1,7 millóns de euros. O castelo de Santa Cruz, en Oleiros, 450.000. E o de Naraío, en San Sadurniño, 300.000 máis. Estas son as promesas que realizou o Ministro de Cultura, César Antonio Molina, na visita que realizou onte á Coruña. Os fondos proceden do 1% que o Ministerio de Fomento destina a proxectos culturais do orzamento de obras públicas. Na visita, ademais, Molina anunciou a creación dunha biblioteca no Museo do Humor de Fene.
César Antonio Molina compromete investimentos para recuperar o patrimonio da Coruña
A campaña cultural
30 lecturas | Compartido 0 veces
Universo culturagalega.gal
Contextos
Claves
Protagonistas
Lugares