A Coruña acollerá o Centro Internacional de Recursos sobre a Cultura Europea

O Consello de Ministros aprobou o proxecto cun orzamento de 15 millóns

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Tal e como anunciara o Ministro de Cultura, César Antonio Molina, o Goberno Militar da Coruña acollerá o Centro Internacional de Recursos da Cultura Europea. O Consello de Ministros aprobaba o pasado venres o proxecto, que ocupará entre oitenta e cen persoas. Segundo explicou Molina, o centro pretende "promover a idea de Europa a través da cultura", e o Goberno Español apoiará que se desenvolvan centros semellantes en todos os países da UE. En total, destinaranse 15 millóns de euros a desenvolver o proxecto.

Que che parece esta nova?
51 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con A Coruña, César Antonio Molina, Europa

Claves

Protagonistas
Lugares