Caballero considera que o MARCO vai mellorar 'de forma extraordinaria'

O alcalde vigués ve un aforro en non convocar a praza de dirección do museo

| Santiago. Redacción | Seccións: ArtePolíticas Culturais
Compartir:

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, colocou onte todas as decisións sobre o futuro do Museo de Arte Contemporánea (MARCO) no eido exclusivo da acción política de goberno municipal ao declarar ante os medios que "o que vai ser o MARCO o decide á cidade", deixando claro que non corresponde ao sector artístico decidir sobre este centro en relación as numerosas protestas de colectivos artísticos e asociacións coma a Agrupación de Amigos do MARCO. O rexedor dixo non estar disposto a ceder a "grupos de presión" e adiantou que seguindo os seus plans o MARCO "vai mellorar de forma extraordinaria o seu funcionamento". Así o recolleron xornais como La Voz de Galicia, Faro de Vigo e Atlántico Diario.

O alcalde gabouse do aforro que supón a ausencia de director para este centro e apuntou a posibilidade de amortizala facéndoa desaparecer deixando a dirección de toda a rede de museos municipais nunha soa man. Caballero xustificou esta situación nunha suposta decadencia do recinto que "nos derradeiros anos languidecía", segundo el. Situación que negan todas as voces na contra de Caballero con datos de visitantes na man malia acaída real do orzamento do museo polas menores achegas de Xunta e Concello e a desaparición das da banca e da Deputación.

Coincidindo con estas declaracións A Colectiva, Asociación Profesional de Artistas de Galicia fixo público un manifesto sobre a situación do museo no que expresan a súa solidariedade cos quince artistas declinaron participar na exposición Metrópole, perspectiva urbana da arte galega, programada para o citado Museo. Tamén dan o seu apoio a Agar Ledo, responsable de exposicións do MARCO que esta semana anunciou a súa renuncia ao posto no que levaba once anos. A Colectiva considera imprescindible recuperar a autonomía e transparencia na xestión do centro, comezando pola convocatoria dun concurso público para a dirección.

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega
O mundo da cultura segue a defender o MARCO cun manifesto

O mundo da cultura segue a defender o MARCO cun manifesto

Cincocentos artistas e axentes culturais de todo o Estado asinan o documento

Quince artistas contemporáneos dan as costas ao MARCO de Abel Caballero

Quince artistas contemporáneos dan as costas ao MARCO de Abel Caballero

Néganse a tomar parte na exposición 'Metrópole, perspectiva urbana da arte galega'

Agar Ledo dimite do MARCO

Agar Ledo dimite do MARCO

A responsable de exposicións deixa o museo vigués ante a deriva do proxecto

O Concello de Vigo adiántalle ao Padroado a vindeira programación do MARCO

O Concello de Vigo adiántalle ao Padroado a vindeira programación do MARCO

Artistas galegos contemporáneos, Julio Verne ou Colmeiro son algunhas das mostras previstas

MARCO: O museo na corda frouxa

MARCO: O museo na corda frouxa

Sen proxecto definido, sen dirección e cun orzamento moi limitado o futuro da institución está en vilo

Dosier: MARCO

Dosier: MARCO

O Museo de Arte Contemporánea de Vigo reducirá horario e cobrará por actividades

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Abel Caballero, Asociacións, Faro de Vigo, La Voz de Galicia...