Miguel Fernández-Cid asinou este luns o contrato do director do Museo de Arte Contemporánea (MARCO) de Vigo co alcalde Abel Caballero. Foi durante unha xuntanza no Concello na que o rexedor mostroulle ao novo responsable do museo a intención de que o MARCO sexa "o elemento motriz" da Rede de Museos Municipais da cidade, sinalou o alcalde durante a súa comparecencia ante os medios de comunicación. Caballero deulle a o novo director un prazo de cinco a dez anos `para desenvolver un proxecto “a medio prazo, pero tamén a prazo inmediato para facer unha revolución no mundo museÃstico da cidade, temos tanto activo nos museos de Vigo e queremos que o exploten e sexa un lugar de encontro da cidade e da cultura", apuntou. Para esta nova etapa o alcalde de Vigo apuntou a ter "unha percepción ampla" sobre o papel a desenrolar desde o MARCO no mundo da arte contemporánea e quixo pedir ambición a Miguel Fernández-Cid neste novo comezo da fundación tras un ano sen director.