Miguel Fernández-Cid seguirá á fronte do MARCO de Vigo outros tres anos

A renovación foi aprobada por unanimidade no padroado

17/1/2024 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Miguel Fernández-Cid. Foto: CCG

O Padroado do Museo da Fundación ARCO acordou por unaninimidade renovar ao actual director, Miguel Fernández-Cid, o seu contrato por outros tres anos. Este remataba en marzo. Ao padroado, presidido polo alcalde de Vigo Abel Caballero, incorporáronse Carmela Silva, responsable das áreas de Patrimonio Histórico, Cultura, Igualdade e Normalización Lingüística, como vicepresidenta da Fundación Marco. Caballero valorou o periodo anterior do director como "excepcional". O padroado da fundación aprobou o orzamento 2024 e da incorporación aos fondos da entidade, como doazón, de obras de Jorge Martins, Yolanda Herraz, Quintana Martelo, Leopoldo Nóvoa ou Andrea Costas, entre outros artistas.

Que che parece esta nova?
54 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con ARCO, Miguel Fernández-Cid, Miguel Fernández, Vigo...