Malia a confirmación o pasado luns do nomeamento de Miguel Fernández-Cid como novo director do MARCO de Vigo, foi o alcalde da cidade quen asinou este xoves un convenio coa Fundación Telefónica para que o museo vigués acolla algunhas das mostras itinerantes da entidade. O acto foi presidido polo alcalde, Abel Caballero, coa participación con concelleiro de Cultura, Cayetano RodrÃguez, a responsable de Coleccións e Itinerancias da Fundación, Laura Fernández Orgaz, e a directora de Telefónica en Galicia, Marta Menéndez. O primeiro froito desta colaboración será a exposición Destacados. Colección Telefónica, unha mostra que entre maio e setembro traerá a Vigo máis de 150 das pezas entre as que hai obra en papel, pintura e escultura de artistas como Picasso, Gris, Magritte, Delvaux, Chillida e Tà pies, entre outros. Durante a presentación, Abel Caballero sinalou que Vigo trae aos "artistas máis importantes da historia da humanidade" con esta mostra e engadiu que Destacados. Colección Telefónica está chamada a ser a mostra máis importante que acolla o MARCO este ano. O alcalde puxo en valor o acordo coa Fundación e enmarcou esta exposición na nova etapa aberta no centro expositivo vigués.