Non escatiman adxectivos nin definicións categóricas os artistas ao falar desta exposición na que se negan a tomar parte e que consideran como "unha manobra para contentar e así acalar as moitas voces discrepantes" din, aludindo ademais ao ofrecemento que se fixo aos participantes dunha posterior mostra individual, movemento co que cren que se pretende "disimular o erro da decisión, vendendo o fume dun proxecto inexistente, comunicado dun xeito arrogante, ausente de reflexión, carente de diálogo e, por tanto, sen vontade de consenso". Rematan estes quince destacados creadores da arte contemporánea lembrando un dos pasos previos á creación do MARCO, cando no ano 2001, a raíz das xornadas Vigo, un espazo para a arte e a cultura contemporánea se estableceron como conclusións determinantes para a creación do que despois sería un dos centros de arte máis relevantes do país a necesidade da "autonomía de xestión" e a convocatoria da praza de dirección a través dun concurso público que inclúa a presentación dun proxecto de actuación integral. A carta aberta péchase cun chamamento aos responsables públicos en xeral, para que "entendan, asuman e se comprometan no desenvolver dun código de boas prácticas para a xestión cultural" prescindindo de intereses persoais e de partido.