O mundo da cultura segue a defender o MARCO cun manifesto

Cincocentos artistas e axentes culturais de todo o Estado asinan o documento

| Santiago. Redacción | Seccións: ArtePolíticas Culturais
Compartir:

Nunha nova acción para defender o MARCO do desmantelamento do seu modelo artístico e cultural representantes da Asamblea MARCO#AsíNon fixeron onte visible nas instalacións do museo vigués a súa postura contraria ás decisións da alcaldía olívica sobre o futuro do MARCO. Máis de 500 artistas e representantes do mundo da cultura asinan o manifesto que onte se presentou e que se iniciou co rexeitamento por parte de 18 artistas a tomar parte na seguinte exposición deseñada desde o Concello para este espazo. Estas dezaoito sinaturas nun documento que lamenta á decisión do Alcalde de finiquitar o modelo museográfico desenvolvido pola dirección e equipo profesional do Marco, suspendendo así a autonomía de xestión que lle correspondía como Fundación de Interese Galego foi posteriormente apoiado por centos de persoas do mundo a arte e da cultura como onte se fixo público no MARCO. Os asinantes de MARCO #AsíNon ven imprescindible a recuperación da autonomía de xestión do centro, actualmente dirixido directamente desde a alcaldía sen dirección propia nin responsable de exposicións, así como a convocatoria da praza de dirección a través dun concurso público. Reclaman ademais a apertura dun proceso de diálogo para aclarar o futuro do museo de arte contemporánea. A rolda de prensa tivo que celebrarse na entrada do museo ao impedírselles a entrada á sala onde estaba convocada.

Que che parece esta nova?
53 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Caballero considera que o MARCO vai mellorar 'de forma extraordinaria'

Caballero considera que o MARCO vai mellorar 'de forma extraordinaria'

O alcalde vigués ve un aforro en non convocar a praza de dirección do museo

Quince artistas contemporáneos dan as costas ao MARCO de Abel Caballero

Quince artistas contemporáneos dan as costas ao MARCO de Abel Caballero

Néganse a tomar parte na exposición 'Metrópole, perspectiva urbana da arte galega'

Agar Ledo dimite do MARCO

Agar Ledo dimite do MARCO

A responsable de exposicións deixa o museo vigués ante a deriva do proxecto

O Concello de Vigo adiántalle ao Padroado a vindeira programación do MARCO

O Concello de Vigo adiántalle ao Padroado a vindeira programación do MARCO

Artistas galegos contemporáneos, Julio Verne ou Colmeiro son algunhas das mostras previstas

MARCO: O museo na corda frouxa

MARCO: O museo na corda frouxa

Sen proxecto definido, sen dirección e cun orzamento moi limitado o futuro da institución está en vilo

Dosier: MARCO

Dosier: MARCO

O Museo de Arte Contemporánea de Vigo reducirá horario e cobrará por actividades

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Manifesto, Exposicións, Facebook, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)