Entidades fan público o seu apoio ao MARCO como centro de arte contemporánea

Temen un cambio nos contidos do museo

13/10/2017 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Tanto a Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo como a asociación de Amigos do MARCO acaban de emitir sendos comunicados manifestando a súa oposición a que este centro de arte contemporánea vigués cambie de orientación nos seus contidos. Advirten isto varios meses despois de que o Concello de Vigo, en xuño, pasara a controlar o museo e que o seu director, Iñaki Martínez Antelo, estea a piques de abandonar a dirección do centro por vontade propia en novembro. A Facultade de Belas Artes solicita un "procedemento de concurso transparente e aberto para a nova dirección" e solicita que "non se abandonen as liñas de apoio á arte contemporánea". Na mesma liña coinciden a Asociación de Amigos do MARCO, quen solicita que se dea "información sobre os plans que afectan ao futuro do museo" e tamén advirten de que "pode correr serio risco de desaparecer como espacio profesional e independente dedicado á cultura e arte contemporánea". A asociación iniciou unha campaña de recollida de sinaturas de apoio.

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Belas Artes, Facultade de Belas Artes, Vigo, Iñaki Martínez Antelo...