Daniela SarraÃno, presidenta fundadora da Agrupación de Amigos do MARCO (AAM) ven de anunciar a súa dimisión do cargo ante a actual deriva e indefinición que se está producir co modelo da institución e a ausencia de vÃas de diálogo coa alcaldÃa do Concello de Vigo, máximo responsable da situación. A asociación, constituÃda por máis de catrocentas persoas con carácter voluntario, celebrou o pasado venres unha asemblea extraordinaria por este motivo e na que se deu un mes para buscar alternativas e valorar a súa propia situación como asociación ante o estado actual do MARCO.En declaracións ao xornal Faro de Vigo, SarraÃno asegurou que na Agrupación séntense "pisoteados e non recoñecidos pese a que realizamos contribucións económicas anualmente ao museo". Nunhas recentes declaracións para Cultura Galega con motivo da reportaxe MARCO: O museo na corda frouxa, Daniela SarraÃno comentaba que para a AAM o axeitado serÃa "manter un proxecto de arte contemporánea en Vigo e no mesmo edificio emblemático no que está o MARCO. Un modelo aberto a voces locais, nacionais e internacionais como foi en todos estes anos con artistas novos e artistas xa consagrados... Seguir coa misión educativa tan importante hoxe en dÃa a todos os niveis", dicÃa Sarraino. Ante a ausencia de movementos do Padroado durante meses tras o anuncio de dimisión do director, a asociación AAM promoveu a campaña SOS MARCO na que resaltaban os logros do centro, a importancia acadada pola súa actividade e esixÃan que se apoiase e reforzase o proxecto ante o serio risco de desaparecer como espazo profesional e independente dedicado á cultura e a arte contemporánea.Nesa mesma reportaxe SarraÃno xa falaba da petición dunha reunión cos responsables do concello, que aÃnda non se producira.