
Baixo o tÃtulo Pedra filosofal, a mostra de Castro reúne máis de oitenta esculturas de distintos formatos e materiais, na súa maiorÃa procedentes da colección do artista, ademais dunha obra en madeira producida especificamente para este proxecto, que estará acompañada de fotografÃas a modo de documentación do seu proceso creativo. O ciclo METRÓPOLE nace cun dobre obxectivo: facer unha viaxe ao pasado, ao Vigo dos anos vinte, cando se estreou na cidade o filme de Fritz Lang Metrópolis; e a un tempo ofrecer unha visión do panorama artÃstico galego actual. O proxecto comprende unha serie de exposicións individuais, como visión do presente, e unha parte común a todas as mostras, como referencia do pasado que ofrecerá, no primeiro andar unha recreación do ambiente do Vigo dos anos vinte mediante planos e imaxes de arquitectura vangardista, fotografÃas e documentos de época, xunto a mobiliario, obxectos, vestiario e pezas decorativas de estilo art déco. O centro mantén ademais a exposición sobre Jules Verne e outra sobre a historia dos miscroscopios.