
O Museo, pola súa banda, continúa coa súa programación e abre este sábado 22 de abril ás doce e media da mañá o proxecto #SALÓN DO MARCO no seu espazo anexo. A iniciativa, coa que Fran GarcÃa Quiroga se impuxo na convocatoria de proxectos para este espazo en 2017, configura este lugar "como un espazo recoñecible pola propia sociedade, como esa sala de estar dun fogar na que reunirse en torno a unha mesa ou sentarse no sofá e falar do devir e do cotÃa". Segundo explica a presentación do #SALÓN DO MARCO "este lugar para estar concÃbese como un proxecto de mediación, experimentación e investigación colectiva que facilita o impulso de comunidades de aprendizaxe; considerando a mediación non como un proceso de explicación do que alà ocorre, senón como un dispositivo que procura tecer redes e xerar conexións".
A iniciativa acollerá ao longo dos vindeiros meses unha ClÃnica Colectiva de Proxectos, a investigación experimental "Vigo Rebelde, o Metal en loita" ou o Seminario Comúns e Cultura entre outras propostas de diálogo de experimentación colectiva.