Máis de 600.000 euros é a suma que a Deputación de Pontevedra e a Xunta de Galicia lle deben ao Museo de Arte Contemporánea de Vigo, segundo denunciaba onte o Faro de Vigo. No caso da Deputación, segundo recoñeceu o seu vicepresidente José Manuel Figueroa, debe as achegas que este organismo lle terÃa que facer ao centro nos últimos tres anos, mentres que no caso da Xunta están sen pagar 160.000 euros correspondentes a 2011. Segundo Figueroa, a entidade sinala que non achegou os fondos pola "crispación e confrontación permanente" co alcalde vigués, Abel Caballero, que ao seu ver non permite que se visibilicen as achegas da Deputación ao MARCO. Pola súa banda, Caballero denunciou que o organismo provincial "só ven a Vigo a recadar".