O MARCO contará con novas achegas económicas este ano

O Concello incrementa en 120.000 euros o seu apoio ao centro de arte contemporánea

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

O Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO) contará este ano con máis recursos para desenvolver a súa actividade. O Concello de Vigo anunciaba esta semana que incrementa a súa achega económica ao centro en 120.000 euros, co que suma 795.000 para este ano.

Canda a esta institución, tamén medran os apoios ao museo de parte da Deputación, que incrementa a súa achega en 15.000 euros e do Ministerio de Cultura, que porá 10.000 euros máis, segundo adiantou o alcalde vigués Abel Caballero. A achega do goberno local pretende apoiar a celebración da grande exposición coa que se conmemorará o Ano Laxeiro na cidade, e que terá no MARCO o seu centro.

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Concello de Vigo, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO), Abel Caballero, Laxeiro...