A continuidade do Museo Etnográfico Liste corre perigo

O Concello de Vigo reduciu a súa achega ao centro a só 6.000 euros

17/11/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Seis mil euros no lugar dos 96.000 cos que viña contando cada ano desde 2005. O Concello de Vigo reduciu drasticamente a súa achega ao funcionamento do Museo Etnográfico Liste, o que pode derivar nun feche deste centro. Canda a isto, a Xunta tamén reduciu a súa achega económica en 30.000 euros. Desde o Concello apúntase que de cara ao vindeiro ano prevese ampliar a 146.000 euros a achega municipal, contando con que o Museo incorpore a xestión do Centro de Artesanía. O centro, que solicitou créditos para desenvolver o seu traballo agardando a achega municipal atópase agora cunha grande débeda que pode desembocar no feche inmediato.

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Concello de Vigo, Vigo

Claves

Entidades
Lugares