O Museo Liste recibe fondos para reabrir

O Concello de Vigo recupera o apoio á entidade logo de case un ano de feche

24/10/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Para mediados do vindeiro mes de novembro está previsto que o Museo Etnográfico Liste de Vigo abra de novo as súas portas. O Concello aprobaba onte destinar 146.000 euros a un convenio para garantir a activiadde desta entidade, que pasará a xestionar tamén o Centro de Artesanía Tradicional (CAT) da Cidade Olívica. Aínda pendente de que os xestores do Liste asinen este convenio, desde o Museo recoñecen que a achega responde ás súas necesidades económicas e sinalan que están a estudar o xeito de se faceren cargo do CAT. A retirada dos fondos municipais motivara o feche do museo o pasado 31 de xaneiro.

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

16/09/2013

Morre Olimpio Liste

O investigador e fundador de dous museos etnográficos tiña 81 anos

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vigo, Concello de Vigo, Cidade Olívica

Claves

Entidades