O Concello de Vigo anuncia a reapertura do Museo Liste

O centro etnográfico fechou a comezos deste ano pola falta de asignación orzamentaria

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

O Museo Etnográfico Liste reabrirá as súas portas na Cidade Olívica nun mes. Cando menos, así o asegurou o alcalde de Vigo, Abel Caballero, o pasado venres. Segundo Caballero, en canto se aproben as contas municipais para o actual exercicio, previsiblemente a finais deste mes, o centro recibirá os fondos que lle permitirán pagar o seu persoal e reabrir. Ademais, Caballero sinalou que o Liste pasará a coordinar o Centro de Artesanía Tradicional e verá incrementados os seus fondos en 45.000 euros. O Museo fechara as súas portas o pasado mes de xaneiro logo de que as contas municipais non recollesen a asignación económica necesaria para o seu funcionamento.

Que che parece esta nova?
68 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Morre Olimpio Liste

O investigador e fundador de dous museos etnográficos tiña 81 anos

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Concello de Vigo, Abel Caballero, Cidade Olívica

Claves

Protagonistas
Entidades